Tuesday 17 de September de 2024

Abegondo acollerá talleres ‘Girl STEAM’ con formación tecnolóxica para os mozos do municipio


• A iniciativa, dirixida a nenos e nenas de 8 a 12 anos, desenvolverase na aula CeMIT o día 20 de agosto, en horario de 10:00 a 14:00 horas.

• As prazas son limitadas e as persoas que desexen inscribirse deberán facelo chamando ao 981 647 909 ou escribindo a cemit.abegondo@abegondo.gal

A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia organiza da man do Colexio Profesional de Enxeñería Técnica en Informática de Galicia (CPETIG) talleres prácticos de experimentación tecnolóxica no marco da iniciativa Girl STEAM.

Por tanto, o próximo 20 de esgoto a aula CeMIT de Abegondo será escenario dunha destas sesións dirixida a mozas de entre 8 e 12 anos. Celebrarase en horario de 10:00 a 14:00 horas e as prazas serán limitadas polo que as persoas que desexen acudir deberán reservar chamando ao 981 647 909 ou escribindo a cemit.abegondo@abegondo.gal.

A iniciativa trátase de impulsar actividades de mentorado próximo a mozos co fin de espertar o seu interese e reforzar a confianza nas súas capacidades para cursar estudos STEAM a través de talleres prácticos, onde aprender e experimentar coa tecnoloxía, coa finalidade principal de fomentar o talento e espertar vocacións tecnocientíficas.

Nos talleres achegarase ao funcionamento das placas micro bit, identificando as súas principais funcións e programándoas con diferentes comandos. Traballarase en grupo na construción e programación dun proxecto dos 20 modelos que ofrece o kit.

Unha vez superada esta primeira fase, continuarase traballando coa placa na elaboración dun proxecto libre sobre estruturas realizadas con materiais de refugallo como botellas, tarxetas, madeira ou tecidos.